Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26933

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 17 de xuño de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

Pola Orde do 29 de abril de 2013 (DOG nº 98, do 24 de maio), anúnciase a convocatoria pública, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 29 de abril de 2013 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o cesamento no actual destino da pesoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, o segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días a partir do día seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde presta actualmente servizos o/a traballador/a, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. No caso de baixa por incapacidade temporal, iniciarase o cómputo a partir da data da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Datos persoais:

Apelidos e nome: Castelao Boga, María José.

DNI: 33268350-T.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde – Grupo de xestión da función administrativa.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Planificación.

Código do posto: SAS050000215770006.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.