Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26939

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (347/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento peza de medidas cautelares 25/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Miras Gómez contra a empresa APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Acordo:

1º Considerar que Javier Miras Gómez desistiu da súa solicitude de medida cautelar de embargo preventivo.

2º Remitir esta peza separada de medida cautelar anexa ao procedemento de despedimento 347/2013 de que deriva, xa que se acordou a súa acumulación ao procedemento de despedimento 50/2013, tramitado ante o Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, e a súa remisión a este por medio de auto no día da data.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial