Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento peza de medidas cautelares 24/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Cardelle Jallas contra a empresa APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
Parte dispositiva.
Acordo:
1º Considerar que Ramón Cardelles Jallas desistiu da súa solicitude de medida cautelar de embargo preventivo.
2º Remitir esta peza separada de medida cautelar anexa ao procedemento de despedimento 346/2013 de que deriva, xa que se acordou a súa acumulación ao procedemento de despedimento 90/2013, tramitado ante o Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, e a súa remisión a este por medio de auto no día da data.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013
A secretaria xudicial