Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26927

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Santiago de Compostela entre funcionariado con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 2013, nº 124, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Eliminar no punto sétimo «Nomeamento» do Decreto da Alcaldía-Presidencia de Santiago de Compostela do 14 de xuño de 2013 o parágrafo seguinte: «En consideración co sistema de provisión, o nomeamento realizarao discrecionalmente a Alcaldía-Presidencia, en atención aos méritos achegados polos aspirantes, e poderá declararse deserta a convocatoria se así o considera oportuno».