Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de información pública sobre taller concesionario de automóbiles.

Expediente: 1118/2013.

Rexistro de entrada: 2013-E-RC-2098.

Data do rexistro: 23 de abril de 2013, ás 11.05 horas.

Solicitante: Talleres Armando, S.L.

Actividade: taller concesionario de automóviles, situación legal de fóra de ordenación total.

Localización: Forxán, 13, San Martiño, Foz.

Procedemento: licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.

Tras solicitar Talleres Armando, S.L., con enderezo no lugar de Forxán, 13, San Martiño, a apertura de taller concesionario de automóbiles (situación legal de fóra de ordenación total), situado en Forxán, 13, San Martiño, Foz, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, procédese a abrir período de información pública por termo de 20 días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, para que os que se vexan afectados dalgún xeito pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais, Secretaría, en horario de oficina de 9.00 a 14.00 horas.

Foz, 27 de maio de 2013

Javier Jorge Castiñeira
Alcalde