Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO do 18 de abril de 2013 de información pública sobre un taller de torneados de madeira.

Manuel Nogueira Martínez solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de cualificación ambiental de edificación destinada a taller de torneados de madeira que se instalará en San Tomé de Ancorados, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no departamento municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

A Estrada, 18 de abril de 2013

José C. López Campos
Alcalde presidente