Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO do 12 de xuño de 2013 de información pública sobre a apertura dunha nave industrial de froitas e hortalizas.

Na Sección de Urbanismo do Concello de Barro estase a tramitar expediente de concesión de licenza para a apertura do seguinte establecemento:

Actividade: nave industrial con uso de almacén, clasificación e distribución de froitas e hortalizas.

Situación: parque empresarial Barro-Meis.

Zona de actividade 1. Parcela A-02. Sector de Outeda-Curro (Barro).

Solicitante: Técnica Comercial Agropecuaria Gallega, S.L.U.

Expediente: 804/2013.

En cumprimiento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte días (20 días).

Barro, 12 de xuño de 2013

José Antonio Landín Eirín
Alcalde