Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26796

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO do 27 de xuño de 2013 de información pública sobre a construción de nave para vacún, sala de muxidura e fosa de xurro (expediente 6780/12).

Por instancia de Ganadería Pérez, S.C. representada por José Nogueira Pérez o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para a construción de nave de vacún, sala de muxidura e fosa de xurro, no lugar de Burgo, parroquia de Sello, Lalín (Pontevedra), expediente número 6780/12.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións a el durante o prazo de vinte días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 27 de xuño de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo