Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre taller de marmoraría.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Mármoles Graíño, S.L. o recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de taller de marmoraría, que se situará no lugar de Catro Ventos, Outeiro, parroquia de Mallón. De acordo coa documentación técnica presentada e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 15 de maio de 2013

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde