Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de maio de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza celebrada entre as comunidades de montes veciñais en man común de Rega Grande e Tras da Costa, no concello de Boborás (Ourense).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 100, do 28 de maio de 2013, cómpre publicar a seguinte corrección:

No primeiro parágrafo, onde di: «…resolveu aceptar o acordo acadado previamente polas respectivas comunidades referente á unificación de ambos os dous montes veciñais nun único monte denominado Rega Grande e Tras da Costa…»; debe dicir: «…resolveu aceptar o acordo acadado previamente polas respectivas comunidades referente á unificación destas nunha soa, e nun único monte denominado Montes Tras da Costa…».