Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación ordinaria, de trinta e un servizos relativos aos traballos preparatorios necesarios para cada fase do proceso de concentración parcelaria (Lei 12/2001), cofinanciado con fondos Feader do período 2007- 2013, nun 75 %, no eixo 1, medida 125 (expediente 29/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos relativos aos traballos preparatorios necesarios para cada fase do proceso de concentración parcelaria que se relacionan no punto 4 deste anuncio.

c) Prazo de execución: de 12 ou 24 meses, segundo corresponda, consonte a cláusula Ñ da carátula de cada servizo.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 71300000-1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Nº servizo

Proposta e título do servizo

Valor estimado

(sen IVE)

IVE

Orzamento base de licitación

1

ST-4739 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes do proceso de CP na zona de Cures-Boiro.

93.726,30

19.682,52

113.408,82

2

ST-4810 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante o sistema mobile mapping na ZCP de Cures-Boiro.

20.351,90

4.273,90

24.625,80

3

ST-4806 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante o sistema mobile mapping na ZCP Borrifáns.

21.291,74

4.471,27

25.763,01

4

ST-4741 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización das bases definitivas de CP da zona de Fisteus.

113.019,91

23.734,18

136.754,09

5

ST-4745 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do replanteo dos novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Mercurín- Lesta II.

50.856,40

10.679,84

61.536,24

6

ST-4807 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante o sistema mobile mapping na ZCP de Lesta-Mercurín II.

11.820,57

2.482,32

14.302,89

7

ST-4746 Proxecto de colaboracion de servizos técnicos para a realización do amolloamento dos novos predios resultantes da CP na zona de Parada II.

41.535,14

8.722,38

50.257,52

8

ST-4811 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante o sistema mobile mapping na ZCP de Parada II.

11.859,12

2.490,42

14.349,54

9

ST-4738 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes do proceso de CP da zona de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II.

86.970,24

18.263,75

105.233,99

10

ST-4809 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante o sistema mobile mapping na ZCP de Ánxeles II-Calvente-Pasarelos-Marzoá II.

15.441,42

3.242,70

18.684,12

11

ST-4804 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante sistemas mobile mapping na ZCP de Cores-Nemeño.

8.227,82

1.727,84

9.955,66

12

ST-4808 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante o sistema mobile mapping na ZCP Grixalba.

18.084,23

3.797,69

21.881,92

13

ST-4802 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante sistemas mobile mapping na ZCP de Foxás-Bendaña.

16.470,45

3.458,79

19.929,24

14

ST-4803 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias medianter o sistema mobile mapping na ZCP de Vilar II.

8.843,93

1.857,23

10.701,16

15

ST-4817 Proxecto de colaboracion de servizos técnicos para a realización das bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Trazo.

73.094,14

15.349,77

88.443,91

16

ST-4791 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do replanteo de novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zonas de CP de Val de Alfoz.

136.447,30

28.653,93

165.101,23

17

ST-4766 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realizacion dos planos parcelarios e altimétricos da ZCP de Riomol.

38.008,31

7.981,75

45.990,06

18

ST-4778 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do replanteo dos novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zonas de Sasdónigas.

27.274,72

5.727,69

33.002,41

19

ST-4793 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización dos planos parcelarios e altimétricos de las parroquias de Folgueira, Sobrado, Paz, Arcos e Aguiar.

196.015,32

41.163,22

237.178,54

20

ST-4765 Proxecto de colaboracion de servizos técnicos para a realización dos planos parcelarios e altimétricos da ZCP de Friolfe.

69.818,79

14.661,95

84.480,74

21

ST-4764 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización dos planos parcelarios e altimétricos da ZCP de Suegos.

81.243,68

17.061,17

98.304,85

22

ST-4719 Proxecto de colaboracion de servizos técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zona do Mundil.

100.577,82

21.121,34

121.699,16

23

ST-4795 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante sistema mobile mapping na ZCP do Mundil.

15.343,68

3.222,17

18.565,85

24

ST-4723 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a confección do proxecto da rede de camiños principais na ZCP do Burgo-Vilarmaior-Camba.

38.005,03

7.981,06

45.986,09

25

ST-4794 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zona da Graña.

34.484,72

7.241,79

41.726,51

26

ST-4796 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante sistema mobile mapping na ZCP da Graña.

4.584,52

962,75

5.547,27

27

ST- 4748 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a preparación das bases provisionais e definitivas de CP na zona de Oubiña (sector II).

21.318,26

4.476,83

25.795,09

28

ST- 4749 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do proxecto de concentración das novas leiras na zona de Troáns (sector I).

73.524,30

15.440,10

88.964,40

29

ST-4800 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masa parcelarias mediante sistema mobile mapping na ZCP de Meavia-Quintillán.

15.569,49

3.269,59

18.839,08

30

ST-4798 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante sistemas mobile mapping na ZCP de Vilatuxe.

6.838,54

1.436,09

8.274,63

31

ST-4799 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento das redes de camiños e masas parcelarias mediante sistema mobile mapping na ZCP de Lois-Monte Ribadumia.

3.064,63

643,57

3.708,20

5. Financiamento: cofinanciado con Fondos Feader do período 2007-2013 nun 75 %, eixo 1, medida 125.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nos apartados I e J da carátula.

7. Garantías esixidas: garantía definitiva do 5 % do presuposto base de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 e 981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 95 79 03 (consultas técnicas)

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de Iinternet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19040

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar