Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26616

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2013/14.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 3 integra as ensinanzas deportivas dentro do sistema educativo como ensinanzas de réxime especial. Así mesmo, no capítulo VIII do título I fixa os principios xerais que as rexerán e atribúelles ás administracións educativas o establecemento do currículo das distintas ensinanzas, do cal formarán parte os aspectos básicos fixados polo Goberno.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 30.1 establece que as probas de carácter específico para o acceso aos ciclos de ensinanzas deportivas serán organizadas e controladas polas administracións educativas; igualmente, nas súas disposicións transitorias segunda e terceira preceptúa a vixencia temporal das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e das normas de desenvolvemento previstas nel.

A Orde do 24 de marzo de 2003, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, regula no ámbito de Galicia as probas de madureza e as de carácter específico para acceder ás ensinanzas deportivas conducentes ás titulacións establecidas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

A disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, sinala que ata a implantación efectiva dunha modalidade ou especialidade deportiva a formación promovida polos órganos competentes das comunidades autónomas ou federacións deportivas regularaa o Ministerio de Educación.

O capítulo II da Orde EDU/3186/2010, do 7 de decembro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos que refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece os requisitos de acceso xerais, específicos e para deportistas de alto nivel, alto rendemento e persoas con discapacidade.

O Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauracións de bens culturais e nos estudos superiores de deseño, establece por primeira vez os prezos públicos que serán de aplicación para as ensinanzas deportivas.

Por todo o exposto, esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2013/14, que se rexerán polas seguintes instrucións:

I. Modalidades de acceso.

1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo, ou nivel II, na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir os requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo, ou nivel II, da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.

c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

II. Inscrición para as probas.

1. A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica que se fará nos centros autorizados que a impartan, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 17 de xullo de 2013. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:

a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.

b) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

c) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

2. Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitarán ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

– Título de graduado na ESO ou de bacharel, ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da ESO ou do bacharelato.

– Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.

– Certificado da proba de madureza de acceso ás ensinanzas deportivas.

– Certificación que acredite a superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.

– Certificación que acredite a superación da parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.

–Certificación de méritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente. De acordo co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, na disposición transitoria segunda, no seu número 2, e en relación coa especialidade de fútbol e fútbol sala, considerarase no caso de fútbol como categorías nacionais: 1ª división, 2ª división, 2ª división B, 3ª división e división de honra xuvenil, en competicións masculina, e a superliga e 1ª nacional na competición feminina. Na especialidade de fútbol sala, considerarase categorías nacionais a división de honra, división de prata, 1ª nacional A, 1ª nacional B e xuvenil nacional como categorías masculinas, e división de honra e división de prata, nas categorías femininas.

3. As persoas solicitantes da exención total ou parcial da realización da proba de madureza por ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003, xuntarán o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención corresponde ao tribunal avaliador.

4. As persoas solicitantes que aleguen mérito deportivo xuntarán o documento acreditativo da condición de deportista de alto nivel na correspondente modalidade ou especialidade, emitido polo órgano competente en materia deportiva. A resolución sobre a exención corresponde ao tribunal avaliador.

5. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

6. No caso dos/as aspirantes con discapacidade que soliciten adaptación nas probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, farano constar no punto correspondente da inscrición, e só deberán acreditar o grao de discapacidade mediante certificado, cando este non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que o interesado non autorice a súa consulta.

Co obxecto de garantir a eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, o tribunal avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que comporte para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de ser o caso, adaptará os requisitos e as probas de acceso que deban superar as persoas aspirantes que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados no Real decreto 1363/2007 e das ensinanzas mínimas da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.

7. Volante de inscrición condicional, en caso de alegar titulacións obtidas no estranxeiro, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).

8. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.

9. O día 18 de xullo de 2013 os centros onde se realice a inscrición enviarán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través de mensaxaría urxente, a relación de persoas inscritas para realizaren as probas de acceso, xunto coa documentación presentada, en que deberán constar expresamente as persoas que solicitan exención das probas ou probas adaptadas. Unha vez rematadas as probas, a documentación será remitida ao centro de orixe.

10. A relación provisional de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 24 de xullo, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es.

11. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisorias, a través das secretarías dos centros en que se presentou a solicitude desde o día 24 ao 26 de xullo. Os centros remitirán estas alegacións, xunto coa documentación presentada, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o día 26 de xullo por mensaxaría urxente.

12. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 30 de xullo, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es.

III. Desenvolvemento das probas.

1. A proba de madureza realizarase segundo figura no anexo III desta resolución e terá lugar no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

a) Grao medio. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 horas ás 13.00 horas.

– Lingua galega.

– Lingua castelá.

– Parte sociocultural.

– Parte científico-tecnolóxica.

b) Grao superior. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 horas ás 13.00 horas.

– Lingua galega e literatura.

– Lingua castelá e literatura.

– Lingua estranxeira (inglés/francés).

– Historia de España.

– Historia da filosofía.

– Ciencias para o mundo contemporáneo.

– Cidadanía e filosofía.

2. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:

– Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 5 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 6 de setembro ás 10.00 horas.

– Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 6 de setembro ás 9.00 horas.

– Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES A Farixa en Ourense, o día 9 de setembro ás 10.00 horas.

–Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 10 de setembro ás 9.00 horas.

–Na modalidade de hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz- Balneario, o día 11 de setembro ás 10.00 horas.

– Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 13 de setembro ás 10.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por ser o centro directivo habilitado para coordinar estas probas e os seus criterios de avaliación.

IV. Tribunais das probas.

Os tribunais constituiranse de acordo co descrito nos respectivos decretos polos que se establecen os currículos das modalidades ou especialidades correspondentes, tal como figuran nos anexos IV e V da presente resolución.

V. Reclamacións.

1. Contra as cualificacións provisorias das probas de acceso poderase presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do tribunal durante os dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

2. Contra as resolucións das reclamacións, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, ante a xefatura do departamento territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondente segundo o ámbito provincial en que se ditase a resolución impugnada. A resolución deste recurso porá fin á vía administrativa.

3. Contra a resolución do recurso de alzada as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

VI. Certificación das probas de madureza.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes que superaron a proba de madureza, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa remitirá os correspondentes certificados de ter superada a proba aos centros onde os/as aspirantes realizaron a inscrición.

VII. Matrícula.

1. O prazo de matrícula abranguerá desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 17 de setembro.

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula os centros facilitarán ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo II a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada.

3. No relativo a criterios de admisión, observarase o disposto polo Real decreto 1363/2007 no seu artigo 34.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa

ANEXO III

I. Proba de madureza dos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas.

A proba de madureza constará das seguintes partes:

Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía).

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.

II. Proba de madureza dos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas.

A proba de madureza versará sobre as seguintes materias comúns propias do currículo do bacharelato:

– Lingua galega e literatura.

– Lingua castelá e literatura.

– Filosofía e cidadanía.

– Lingua estranxeira (inglés/francés).

– Ciencias para o mundo contemporáneo.

– Historia de España.

– Historia da filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será dunha hora para cada materia.

Neste exercicio valorarase o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, á utilización da linguaxe e á capacidade de análise e de síntese.

ANEXO IV

Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de madureza das ensinanzas deportivas para o curso 2013/14:

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Rubén Barderas Rey

Secretaria

Mª Luz Ares Fandiño

Vogal 1ª

Noemí Álvarez Villar

Vogal 1ª

Blanca Río Rey

Vogal 2ª

Pilar Peñas Boleas

Vogal 2ª

Mª Teresa de Jesús Rey Rey

Vogal 3ª

Julia Taboada Martínez

Vogal 3º

Enrique Juan Álvarez Escudero

Vogal 4ª

Carmen Meiriño González

Vogal 4º

Mª Blanca Fraga Lago

Vogal 5º

Pedro Pérez Vérez

Vogal 5º

Antonio León Molina

ANEXO V

1. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en fútbol I (A Coruña) para o curso 2013/14:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Modesto Yáñez Garrote

Vogal 1º

José Manuel Martínez Paz

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Telmo Silva Alonso

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3º

Juan Carlos Rodríguez López

Vogal 3º

Emilio de Vicente Nogueira

2. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en fútbol II (Pontevedra) para o curso 2013/14:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Xurxo Pena García

Vogal 1º

Antonio Alberto Villamor Pérez

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Francisco Pérez Carral

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3º

Telmo Silva Alonso

Vogal 3º

Emilio de Vicente Nogueira

3. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en fútbol sala para o curso 2013/14:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Javier Rodríguez Sarmiento

Vogal 1º

Telmo Silva Alonso

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Isidro Grela Mosquera

Vogal 2º

Miguel Aragón Fitera

4. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en baloncesto para o curso 2013-2014:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Jesús Miguel Jaureguiza

Vogal 1º

Telmo Silva Alonso

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Iván Villar Fernández

Vogal 2º

Pablo Villaronga Paz

5. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en balonmán para o curso 2013/14:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Anxo Gómez García

Vogal 1º

Emilio Pintos Soto

Vogal 1º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 2º

Telmo Silva Alonso

Vogal 2º

Francisco Pérez Carral

6. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en atletismo para o curso 2013/14:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Eduardo Pérez Romero

Vogal 1º

Roberto Marcos Ferreiro

Vogal 1º

Santiago Cabado Estraviz

Vogal 2º

Telmo Silva Alonso

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

7. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en hípica para o curso 2013/14:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Telmo Silva Alonso

Vogal 1ª

Pilar Manescau Marín

Vogal 1º

Gustavo Barroso Pernas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file