Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (127/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 127/2012 e acumulada, por instancia de María Dolores Rial Gey e Irene Rial Gey, contra a executada Andaina Servicios Sociais, Sociedad Limitada, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 14 de decembro de 2012 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 8.000 euros de principal, máis 800 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial