Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (95/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 95/2012, por instancia de Juan Pablo Susavila Morales contra a executada Martínez Cebreiro, Sociedad Limitada, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 18 de xaneiro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 8.920,38 euros de principal, máis 892,03 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial