Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (851/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 851/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Codesido Pereira contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013.

Parte dispositiva.

Acordo considerar que Sandra Codesido Pereira desistiu da súa demanda. Unha vez que esta resolución sexa firme, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei de xurisdición social).

E para que sirva de notificación a Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Don Vaquero Sport Wear, S.L., por estar en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial