Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 138/2012, por instancia de José Fernando Prado Vaamonde, contra a executada Catersa Santiago, Sociedad Limitada, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 14 de decembro de 2012 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada, en situación de insolvencia total, por importe de 18.014,36 euros de principal, máis 2.042,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.
E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no DOG.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013
A secretaria xudicial