Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato dunha póliza de seguros de responsabildade civil deste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato dunha póliza de seguros de responsabilidade civil do Concello de Ourense:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2249.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: privado de servizos financeiros.

b) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza de seguros de responsabilidade civil do Concello de Ourense.

c) CPV: 66516000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de febreiro de 2013 e 21 de febreiro de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto polos dous anos: 252.412,00 euros. Importe total: 252.412,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de maio de 2013.

b) Data de formalización: 10 de xuño de 2013.

c) Contratista: Zurich Insurance PLC, sucursal en España.

d) Importe de adxudicación: importe total: 163.065,50 euros (81.523,75 euros/ano).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis conveniente de conformidade cos criterios de valoración e os informes que constan no expediente.

Ourense, 10 de xuño de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde