Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de vacún de leite en San Breixo (Ferreiros).

Ganadería Breixe, S.C. solitou nesta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación de vacún de leite en San Breixo (Ferreiros), deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 10 de xuño de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde