Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre apertura de corte de vacún de carne, esterqueira e fosa de xurro no Couto Pequeno (Medín).

Miguel Botana Lodeiro solicitou nesta alcaldía licenza municipal de apertura de corte de vacún de carne, esterqueira e fosa de xurro, no Couto Pequeno (Medín), deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 11 de xuño de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde