Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de mantemento das instalacións de alarmas en edificios dependentes deste concello.

Por Decreto da Alcaldía do 7 de xuño de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 22/13).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de mantemento das instalacións de alarmas en edificios dependentes do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 5.106,20 € (4.220 euros+886,20 euros en concepto de IVE), e un prazo de execución de dous anos (con posibilidade de prórroga de dous anos).

5. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 7 de xuño de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde