Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de xuño de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 31 de maio de 2013, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-74/13, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo I se menciona, a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución deste procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 84.1 da Lei 14/2088, a resolución deste procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano dende a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO I

Expediente: AC-74/13.

Denunciado: Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda.

CIF: N0101426E.

Establecemento: Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda.

Enderezo: paseo Fernando II, local 1.

Localidade: Culleredo.

Precepto infrinxido: artigo 70 a) e j) da Lei 14/2008.

Incoación: 31 de maio de 2013.

Sanción: multa de dous mil trescentos cincuenta euros (2.350 €).