Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (791/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 7 de xuño de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social Número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 791/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, por instancia de Almudena Boo Carril contra Promociones Panamá 14, S.A., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Almudena Boo Carril fronte a Promociones Panamá 14, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 13 de setembro de 2012, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 28,73 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento dunha indemnización de 475,34 euros.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade, de conformidade co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial