Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun establecemento dedicado a almacén de mercadorías no polígono industrial deste concello.

Jorge Manuel Recio Flemmich, que representa a entidade Juan Alberto Recio, S.A.U., solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado a almacén de mercadorías, situado na rúa 16, número 13, do polígono industrial deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 14 de xuño de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde