Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico para a execución do planeamento (CUX-01/13).

O 7 de xuño de 2013 foi negociado e subscrito convenio urbanístico para a execución do planeamento (CUX-01/13) relativo á substitución en metálico da obriga de cesión urbanística dos terreos correspondentes ao 10 % do aproveitamento lucrativo establecida polo Proxecto sectorial para a ampliación das instalacións da empresa Plastic Omnium en Cedeira, Redondela. De conformidade co disposto no artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada, entre outras, pola Lei 15/2004, do 29 de decembro e Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte hábil ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no xornal Faro de Vigo, o queda o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo e, de ser o caso, deducir alegacións ou observacións.

Redondela, 20 de xuño de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde