Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante poxa, de concensións demaniais para a explotación de postos de venda vacantes no mercado municipal de abastos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, r) Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: licitación pública das concesións demaniais para o uso privativo dos postos vacantes no mercado municipal de abastos da avenida de Bos Aires.

3. Tramitación: ordinaria, aberta e poxa.

4. Canon da concesión: variable segundo o tipo de postos a que se opte, recollido na cláusula 3ª do prego de condicións.

5. Garantía provisional: cláusula 5 do prego; non se prevé a súa constitución. Definitiva: cláusula 13.1.c) do prego.

6. Obtención de documentación e información: perfil do contratante na web do Concello de Pontevedra www.pontevedra.eu, e Administración municipal de mercados. Avenida de Bos Aires, s/n. Pontevedra 36002. Teléfono: 986 85 18 04.

Prazo: claúsula 7 do prego.

7. Presentación de ofertas: 30 días hábiles seguintes contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que aparezan (DOG e BOP). Documentación: cláusula 8 do prego. Lugar: Rexistro Xeral do concello (das 9.00 ás 13.30 horas).

8. Apertura das ofertas e criterios de adxudicación: cláusulas 11 e 12 do prego.

Coa publicación deste anuncio procédese á apertura do prazo de exposición pública do expediente no seu conxunto, incluído o citado prego de condicións, e abrirase o prazo para a licitación e presentación de ofertas polos interesados por igual prazo. Advertirase expresamente que, para o suposto de que se presentasen alegacións, o procedemento de licitación e os seus prazos quedarán en suspenso ata a resolución destas.

De non practicarse alegación ningunha no prazo estipulado, daranse por aprobados definitivamente o citado expediente e o prego de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares que rexerán o procedemento.

Pontevedra, 3 de xuño de 2013

Miguel A. Fernández Lores José Carlos Castiñeira Piñeiro
Alcalde Secretario de Administración Municipal