Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26055

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do 14 de xuño de 2013 de asunción das competencias en materia de xestión tributaria delegadas polo Concello de Guitiriz.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (en adiante BOP) núm. 230, do día 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio relativo á asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria relativo á «Proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público» aprobada no Pleno da Deputación de Lugo celebrado o día 27 de novembro de 2007, e no Pleno do día 28 de outubro de 2008 refórmanse as bases décima e décimo primeira, así como os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e contido das delegacións.

No BOP núm. 122 do día 29 de maio de 2013, publícase o contido da asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de gestión tributaria do Concello de Guitiriz.

Lugo, 14 de xuño de 2013

P.D. (Decreto nº 2821/2011,
do 15.7.2011)
Mª del Pilar García Porto José Antonio Mourelle Cillero
Deputada Delegada de Economía, Secretario da Deputación de Lugo
Recadación e Facenda