Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25983

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5008/10-PM).

M. Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da sección nº 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5008/2010 desta sección, seguido por instancia de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., contra a empresa Telemática Santiago, S.L., Aeronaval de Construcións e Instalacións, S.A. e outras sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. contra a sentenza ditada o 10.9.2010 polo Xulgado do Social número 3 de Lugo en autos nº 873-09 sobre cantidades seguido por instancia de Gerardo Vázquez Meilán e outros cinco demandantes máis, contra a recorrente e as codemandadas, Telemática Santiago, S.L., Dominion Tecnologias, S.L.U., resolución que se mantén na súa integridade.

Canto ao depósito, aseguramento e custas, estéase ao razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala n.º 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Telemática Santiago, S.L., con último domicilio coñecido no Milladoiro-Ames, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial