Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25962

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Santiago de Compostela entre funcionariado con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e en exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Publicar as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Santiago de Compostela, bases que se achegan como anexo a esta resolución, conforme as seguintes disposicións:

Primeira. O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado polos funcionarios con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala e, de ser o caso, categoría a que está reservado.

Non poderán concorrer á convocatoria os funcionarios que se encontren nas situacións previstas nas letras a) e b) do artigo 28 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Segunda. Os interesados dirixirán as súas solicitudes á corporación convocante dentro dos quince días naturais seguintes á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e xuntarán á solicitude a documentación acreditativa de reunir os requisitos para o seu desempeño, nos termos que figuran na convocatoria.

Terceira. Os aspirantes deberán suxeitarse ás bases da convocatoria publicadas neste diario oficial.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 14 de maio de 2013; DOG nº 92, do 15 de maio)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Decreto da Alcaldía-Presidencia

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia, do 17 de xullo de 2012, o funcionario de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala intervención-tesouraría, categoría superior, Juan Ramón González Carnero foi nomeado, en comisión de servizos e con efectos na mesma data, para o posto de traballo de interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela, pertencente ao subgrupo A1 de clasificación e nivel 30 de complemento de destino e igual específico, durante o prazo dun ano contado desde a toma de posesión. A mencionada toma de posesión do posto tivo lugar na mesma data do 17 de xullo de 2012.

O citado nomeamento foi autorizado pola Resolución do director xeral de Administración Local, do 16 de xullo de 2012, en cuxo dispositivo quinto se lle lembraba ao Concello de Santiago de Compostela o deber de proceder á convocatoria do proceso de provisión do posto por libre designación no prazo máximo de 6 meses, segundo dispón o artigo 37.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal.

Polo tanto, ao abeiro do disposto no apartado 5.2 da disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público, e artigos 36 e 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela, de conformidade coas seguintes bases:

1. Obxecto:

As presentes bases teñen por obxecto rexer a convocatoria para prover, polo sistema de libre designación establecido no número 5.2 da disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público, e nos artigos 19 e 36 e seguintes do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, o posto de interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela, reservado a funcionario/a de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

2. Corporación:

Concello de Santiago de Compostela.

3. Denominación e clase do posto:

Interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela, reservado a funcionario/a da Administración local con habilitación de carácter estatal, pertencente á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

4. Características do posto:

4.1. O posto que se deberá prover está incluído na relación de postos de traballo aprobada pola Xunta de Goberno Local e publicada no BOP da Coruña do 27 de maio de 2011.

4.2. O complemento de destino asignado ao posto é o correspondente ao nivel 30 e o seu sistema de provisión o de libre designación.

4.3. O complemento específico anual fixado para o posto, referido ao ano 2013, é de 37.718,96 € brutos.

5. Requisitos para o seu desempeño:

Serán requisitos indispensables para concorrer á convocatoria e poder desempeñar o posto, no caso de ser nomeado:

1. Estar integrado/a na subescala de intervención-tesouraría, categoría superior. Non poderán concorrer á convocatoria os/as funcionarios/as que se encontren nas circunstancias establecidas nas letras a) e b) do artigo 28.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

2. Acreditar o coñecemento do idioma galego mediante a presentación do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. No seu defecto, o interesado deberá realizar unha proba de carácter eliminatorio, que se valorará como «apto» ou «non apto», destinada a avaliar un grao de coñecemento equivalente ao exixido para a obtención do Celga 4 ou equivalente (artigo 2 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia).

6. Solicitudes:

As solicitudes dirixiranse á Alcaldía dentro do prazo dos quince días naturais seguintes ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e deberá indicarse nelas, ademais do contido mínimo establecido no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o número de rexistro persoal, a situación administrativa en que se encontre o/a solicitante e o seu destino. A elas deberá xuntarse a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados na base 5.

Xunto coas solicitudes, os/as aspirantes achegarán o seu curriculum vitae, no cal constarán os títulos académicos, os anos de servizo, os postos de traballo desempeñados na Administración, os estudos e cursos realizados e outros méritos que consideren oportuno pór de manifesto, coa correspondente documentación acreditativa.

7. Nomeamento:

Concluído o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía procederá, no prazo dun mes, de ser o caso e tras verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nestas bases, a ditar a resolución correspondente, que deberá estar motivada con referencia ao cumprimento dos requisitos, a observancia do procedemento e a competencia para o nomeamento. Dela dará conta ao Pleno da corporación, así como traslado á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia para anotación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consideración co sistema de provisión, o nomeamento realizarao discrecionalmente a Alcaldía-Presidencia, en atención aos méritos achegados polos aspirantes, e poderá declararse deserta a convocatoria se así o considera oportuno.

8. Toma de posesión:

O prazo para a toma de posesión será de tres días hábiles tratándose de postos de traballo na mesma localidade, ou dun mes en caso contrario. Os ditos prazos contarán a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse no prazo de tres días hábiles seguintes á publicación da resolución sobre o nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

9. Impugnación:

Contra a presente resolución e cantos actos administrativos deriven dela os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía do Concello, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Segundo. Remitir a presente convocatoria á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a súa publicación e realización dos trámites posteriores previstos no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal.

Ángel B. Currás Fernández, alcalde presidente