Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de suspensión facultativa de licenzas urbanísticas.

O Pleno da Corporación do Concello do Grove, en sesión ordinaria celebrada o 30 de maio de 2013, adoptou o seguinte acordo con 13 votos a favor e 2 abstencións:

Sendo necesario, á vista da redacción do Plan xeral do Concello do Grove, suspender as licenzas urbanísticas conforme o disposto na normativa aplicable.

Visto o informe xurídico do secretario da Corporación, así como o informe gráfico do enxeñeiro da edificación municipal, o Pleno da Corporación acorda:

Primeiro. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición nas áreas do ámbito do novo Plan xeral delimitado conforme informe técnico, durante o prazo dun ano desde a publicación deste acordo ou, se for o caso, ata a aprobación inicial do Plan xeral coas consecuencias suspensivas derivadas.

Acórdase a suspensión das licenzas referidas nas áreas delimitadas no documento gráfico adxunto.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Terceiro. Notificar este acordo a todos os peticionarios/propietarios que tiveren presentadas solicitudes de licenza afectadas pola suspensión con anterioridade a el, pondo de manifesto o dereito que os asiste a ser indemnizados atendendo ao caso concreto.

Cuarto. Autorizar o alcalde para aprobar cantas disposicións sexan necesarias para a adecuada execución deste acordo.

A documentación atópase na secretaría da Corporación para consulta dos particulares.

O Grove, 31 de maio de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde