De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente de licenza urbanística e de apertura tramitado por instancia de José Castro Méndez, para acondicionamento e actividade de local para comercial agrícola, na rúa Campo da Feira nº 3, baixo 4, parroquia de Meaño, de modo que, durante un prazo de vinte días, contados a partir da última publicación no BOP ou no DOG, poderán presentarse alegacións en relación coas solicitudes formuladas e consultar os expedientes en horario de oficina.
Meaño, 3 de xuño de 2013
Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa