Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25739

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1283/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña (reforzo), fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1283/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Álvarez Molina contra a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Ministerio fiscal, administrador concursal de Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Concello de Arteixo, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de maio de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1283/2012, en que foi demandante María del Carmen Álvarez Molina, representada polo letrado Sr. Rodríguez Amoroso, e demandada a empresa Galicia Saudade, S.L., así como a administración concursal da empresa Galicia Saudade, S.L., a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., coa representación do letrado Sr. Orantes Canales, e o Concello de Arteixo, coa representación da letrada Sra. Rodríguez Viéitez, da mesma maneira, foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por María del Carmen Álvarez Molina contra a empresa Galicia Saudade, S.L., así como contra a administración concursal da empresa Galicia Saudade, S.L., e contra a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., e contra o Concello de Arteixo na súa pretensión subsidiaria e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de María del Carmen Álvarez Molina e condeno a empresa demandada Galicia Saudade, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 4.596,16 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 21,68 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento á traballadora da cantidade de 2.753,36 euros, en concepto de indemnización.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 15 de maio de 2013

A secretaria xudicial