Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25665

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de xuño de 2013 pola que se autorizan as ensinanzas artísticas superiores de Deseño no centro Liceo La Paz, do concello da Coruña.

A titularidade do centro Liceo La Paz, do concello da Coruña, solicita autorización para impartir as ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas especialidades de Deseño Gráfico, Deseño de Interiores e Deseño de Moda.

O Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; o Real decreto 633/2010, do 14 de maio, establece o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Deseño; o Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas. A Orde do 30 de setembro de 2010 establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores en deseño na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o seu acceso.

Así mesmo, o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995 regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas; trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas.

Por isto, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar as ensinanzas artísticas superiores de Deseño no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código do centro: 15032820.

Domicilio: r/ Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Ensinanzas que se autorizan:

Ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas especialidades de:

• Deseño Gráfico.

• Deseño de Interiores.

• Deseño de Moda.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria