Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25675

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o primeiro cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2013

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial da Coruña para a atención de menores no Centro Residencial Emilio Romay na Coruña

O obxecto deste convenio é a atención de menores, tutelados por esta Administración ou en situación de garda, no Fogar infantil Emilio Romay, establecemento do que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

Conta con 25 prazas distribuídas en tres módulos ou unidades de convivencia, da forma seguinte:

– Un fogar de acollemento residencial para nenos/as de 0-15 meses.

– Dous fogares de acollemento residencial para nenos/as de 15 meses a 6 anos.

Aténdense indistintamente menores en réxime residencial ou en réxime de atención de día, considerándose inicialmente a necesidade dun 75 % (18 prazas) de internado e dun 25 % (7 prazas) de atención de día.

1.3.2013

149.650

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Aloumiño para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar nas cidades de Pontevedra e Vigo.

É obxecto deste convenio establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Aloumiño para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar a través dun servizo de punto de encontro nas cidades de Pontevedra e Vigo.

1.3.2013

55.230

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial durante o ano 2013.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta en Santiago de Compostela, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a.

29.3.2013

40.000

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial durante o ano 2013.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta en Ourense, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a.

29.3.2013

40.000

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para o financiamento do sostemento do programa do Carné familiar galego.

O obxecto deste convenio é a colaboración entre as partes asinantes no sostemento do programa do Carné familiar como recurso que beneficia as familias numerosas.

30.4.2013

12.000

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, para a difusión e implantación do SIUSS e a súa aplicación informática.

Colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, para a difusión e implantación do SIUSS e a súa aplicación informática.

8.4.2013

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia-Asime, as organizacións sindicais Federación de Industria-CC.OO. e Federación de Industria, Metal, Construcción e Afíns de UGT, MCA-UGT e a Fundación Galega do Metal-Formega no marco do proxecto FEAG-EmpregaNav.

O obxecto do convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e as organizacións asinantes respecto das actuacións do proxecto EmpregaNav para as anualidades 2013 e 2014, para a procura da inserción laboral das persoas desempregadas provenientes de empresas de Galicia do CNAE 25, de fabricación de produtos metálicos, excepto maquinaria e equipo, cuxo despedimento fora motivado por causas obxectivas entre o 23 de marzo e o 23 de decembro de 2011.

30.4.2013

2.318.824 (2.125.014 da anualidade 2013 e 193.810 da anualidade 2014)

Anexo ao convenio de colaboración entre o Inxuve do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e Microbank.

Realización de actuacións de promoción e apoio á xuventude emprendedora e empresaria enmarcadas no programa de microcréditos Inxuve durante o ano 2013.

2.4.2013

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a EGAP para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación da DXXV.

Participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e do persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes del.

15.1.2013

0

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV ciclo universitario.

Facilitar a consolidación dos estudos de IV ciclo.

17.4.2013

25.000

Convenio de colaboración para a realización de prácticas no Máster de dependencia e xestión de servizos sociais.

Acordo de prórroga.

12.4.2013

0

Convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun estudo de desmantelamento controlado aleatorizado dunha breve intervención psicolóxica telefónica, aplicada a coidadores informais con síntomas depresivos.

Estudo de desmantelamento controlado aleatorizado dunha breve intervención psicolóxica telefónica, aplicada a coidadores informais con síntomas depresivos.

28.1.2013

0