Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25620

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública de solicitude de licenza de obra e provisional de actividade para construción de sala de muxidura e corte para a ampliación de explotación de vacún leiteiro no lugar de Parada, parroquia de Parada, Lalín (expediente 7147/13).

A instancia de Crespo SAT nº 1322 XUGA, representada por Iván Fernández Castro, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra e provisional de actividade para construción de sala de muxidura e corte para a ampliación de explotación de vacún leiteiro no lugar de Parada, parroquia de Parada, Lalín (Pontevedra) (expediente 7147/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións, durante o prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 19 de xuño de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo