Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de nave industrial para almacén de mercadorías no polígono industrial de Vilar do Colo (expediente 2011/AP006/000014).

David S. Carballo Rodríguez e Manuel Carballo Rodríguez solicitaron licenza de apertura con base no proxecto de acondicionamento de nave industrial para almacén de mercadorías na parcela K-2/1 do polígono industrial Vilar do Colo en Fene. De acordo co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente 2011/AP006/000014 pode consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello en horario de oficina.

O que traslado para xeral coñecemento.

Fene, 7 de maio de 2013

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde