Ao terse proporcionado información errónea no perfil do contratante sobre o persoal por subrogar no procedemento aberto con diversos criterios de valoración, para a contratación do servizo de limpeza dos portais, escaleiras e patios exteriores e interiores do grupo de vivendas municipais A Nosa Señora do Carme (L-1/2013), ábrese un novo prazo de quince días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para a presentación de ofertas.
A Coruña, 19 de xuño de 2013
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública