Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre reforma dunha explotación de gando vacún de leite e legalización de silos en Xerbolés (Cirio).

A sociedade Rubiños, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a reforma dunha explotación de gando vacún de leite e legalización de silos nas parcelas 147 e 66 do polígono 133, no lugar de Xerbolés, parroquia de Cirio, termo municipal de Pol. O que se somete a información pública de conformidade co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte (20) días para os efectos das alegacións que os interesados consideren oportunas.

Pol, 3 de xuño de 2013

Lino Rodríguez Ónega
Alcalde