Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas, cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG núm. 116, do mércores 19 de xuño de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 23751, no punto 2.c) «Lugar de execución/entrega», onde di: «Galicia», debe dicir: «De acordo co establecido no punto 13.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra P do seu cadro de características».

Na páxina 23752:

a) No número 9 «Apertura de ofertas», a) «Descrición», onde di: «apertura de oferta técnica (sobre B)», debe dicir: «apertura da documentación relativa a criterios cuantificables de forma automática (sobre B)», d) «Data e hora», onde di: «5 de agosto de 2013, ás 10.00 horas. Se debido a circunstancias imprevistas hai que modificar o acto público de apertura, publicarase a nova data no perfil do contratante», debe dicir: «12 de agosto de 2013, ás 10.00 horas. Se debido a circunstancias imprevistas hai que modificar o acto público de apertura, publicarase a nova data no perfil do contratante».

b) No número 10 «Información adicional», onde di: «A data e hora de apertura do sobre C (proposición económica) publicarase no perfil do contratante», debe dicir: «Segundo o punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores presentarán dous sobres: «A-documentación administrativa» e «B-documentación relativa a criterios cuantificables de forma automática».

Deberá engadirse un punto 13. Data de envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de xuño de 2013.

A data límite de obtención de documentación e información e a da presentación de ofertas remata o 29 de xullo de 2013, ás 14.00 horas.