Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de xuño de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes DX-00043-I-2013 e DX-00045-I-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, e achegar ou propor as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran 15 días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00043-I-2013

Concesión

Axente de inspección DX/003

Hermanos Ferrín, S.L.

B15069958

Fermín Bouzas Rey, 10,

15142 Arteixo

Coruña (A)

O incumprimento das expedicións fixadas no prego concesional.

23.4.2013; 14.45.00

Art. 140.15.2 LOTT, Art. 197.15.2 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT, Art. 201.1.h) ROTT

3.301

DX-00045-I-2013

5681-GGV

Axente de inspección DX/003

Jumaj, S.L.

B70099999

Lg. Campo, 16,

15685 Mesía

Coruña (A)

Exceso na condución ininterrompida superior ao 50 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Máis de 6.45 horas a 7.15 horas.

2.5.2013; 10.00.00

Art. 140.20 LOTT, Art. 197.20 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT, Art. 201.1.h) ROTT

3.301