Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de maio de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 21 de febreiro de 2013 que resolve o recurso de reposición de varios predios número 210, 223, 231 e 250 sitos no Porriño, relativo ao proxecto 00849 (expediente 2010/004749).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Argentina Rodríguez Gaspar o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 21 de febreiro de 2013 mediante o que se resolve o recurso de reposición dos predios nº 210, 223, 231, 250 sitos no Porriño, relativo ao proxecto 00849, expediente 2010/004749, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00849-Predios non incorporados á Xunta de Compensación do Sur PPI-6 sector 2. TM O Porriño.

Nº de expediente: 2010/004749.

Persoa que se notificará: Argentina Rodríguez Gaspar.

Expropiante: Concello do Porriño.

Expropiado: Argentina Rodríguez Gaspar.

Beneficiario: Xunta Compensación Sur PPI-6 sector 2 O Porriño.

Predio nº: 210, 223, 231, 250.

Concello: O Porriño.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 267.849,86 €.