Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de maio de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que resolven os recursos de reposición de varios predios (expediente 2010004393 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra as presentes resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00833, proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

Concello: Arteixo.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Beneficiario: Xestur A Coruña, S.A.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Rendal, S.L.

Sercom-Asfico, S.L.

José Manuel de la Fuente González e outra

María Josefina Boo Rey e outro

María Josefina Boo Rey e outro

Sercom-Asfico, S.L.

7.2.2013

7.2.2013

7.2.2013

7.2.2013

7.2.2013

7.2.2013

2010004393

2010004376

2010004366

2010004393

2010004393

2010004396

00172

00139

00117

00172

00172

00178

313.031,71

68.362,27

342.125,22

313.031,71

313.031,71

61.796,86