Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial de delimitación de solo do núcleo rural de Vilaoudriz.

Anúnciase o acordo acadado na sesión extraordinaria do 17 de xuño de 2013 polo Pleno deste concello para os efectos de apertura do trámite de información pública dun mes que comezará coa publicación no DOG, ademais de en dous dos xornais de maior difusión na provincia e no taboleiro de anuncios deste concello.

Primeiro. Aprobar inicialmente a delimitación do solo de núcleo rural de Vilaoudriz, conforme a memoria que consta no expediente.

Segundo. Someter a dito expediente de delimitación de núcleo rural de Vilaoudriz a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

Terceiro. Solicitarlles informe aos órganos e entidades xestoras de intereses públicos afectados que se relacionan a continuación:

– Axencia Galega de Infraestruturas. Servizo de Infraestruturas de Lugo.

– Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

– Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

A Pontenova, 18 de xuño de 2013

Darío Campos Conde
Alcalde