Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Sección de Medio Ambiente e Urbanismo.

No BOP número 100, do 28 de maio de 2013, aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Sección de Medio Ambiente e Urbanismo.

Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación, no lugar e forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 28 de maio de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde