Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre construción de dous silos para almacenar forraxe en verde e plataforma de formigón na Ponte Olveira.

Ganadería Casa Dego, S.C. solicita deste concello licenza para a construción de dous silos para almacenar forraxe en verde e plataforma de formigón na Ponte Olveira (Olveiroa). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles que comenzará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 18 de xuño de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde