Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24976

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre apertura de centro xestor de residuos no camiño Chan da Cova (Vilar de Infesta).

Desguaces Peinador, S.L., representada por José Antonio Míguez Piñeiro, solicitou licenza de apertura para o exercicio da actividade de centro xestor de residuos que se instalará no camiño Chan da Cova (Vilar de Infesta), 41, 36815 Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 20 de maio de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde