Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24977

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación agrícola existente en Cebei (San Román).

María Josefa Pérez Rey solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación agrícola existente en Cebei-San Román. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia–, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Val do Dubra, 3 de xuño de 2013

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde