Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24978

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de subministración de pensos, grans, forraxes, froitos secos e comida enlatada para a nutrición dos animais de Vigo-Zoo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº de expediente 4653-12.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de pensos, grans, forraxes (palla, feo e alfalfa), froitos secos e comida enlatada para a nutrición dos animais de Vigo-Zoo.

Lugar de subministración: instalacións do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Prazo de execución: dous anos máis unha prórroga dun ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 52.736,42 euros, IVE incluído, e por dous anos.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 26 77 83/84. Fax: 986 27 31 87.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará os quince (15) días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Monte da Madroa, s/n, CP 36316 Teis, Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións:

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 14 de xuño de 2013

Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo

A presidenta do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo
asina este anuncio por decreto de delegación do alcalde presidente do Concello
de Vigo do 13 de xuño de 2012