Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun establecemento dedicado á venda e reparación de maquinaria de obra no polígono industrial deste concello.

Luis Alfonso Caballero Garrido, que representa á entidade Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado á venda e reparación de maquinaria de obra, situado na rúa 7, nave 7, do polígono industrial deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 29 de maio de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde