Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24798

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tiro con arco

ANUNCIO de modificación e aprobación dos estatutos.

Aprobada a modificación de estatutos na asemblea xeral da Federación Galega de Tiro con Arco que tivo lugar o 20 de abril de 2013, ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte mediante a Resolución do 25 de maio de 2013, de conformidade co previsto no punto 7 do artigo 54 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, e demais normativa aplicable, procédese ao anuncio de modificación e posterior aprobación dos estatutos da Federación Galega de Tiro con Arco que rexerán esta, compostos por 85 artigos, unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras. Depositarase copia íntegra deles no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia da Secretaría Xeral para o Deporte co número de inscrición 51436 (entidade F-00665).

Lugo, 3 de xuño de 2013

Jorge Mato Posse
Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco