Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización de contrato do servizo de impartición da formación teórica e transversal de determinados cursos no marco do proxecto Ourense Inserta, cofinanciado por este concello e o Fondo Social Europeo.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de impartición da formación teórica e transversal de determinados cursos no marco do proxecto Ourense Inserta, cofinanciado polo Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2246.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de impartición da formación teórica e transversal de determinados cursos no marco do proxecto Ourense Inserta, cofinanciado polo Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo. Lote 1: atención sociosanitaria a persoas en domicilio. Lote 2: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Lote 3: instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Lote 4: xestión de residuos urbanos e industriais.

c) CPV: 80522000-9.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de xaneiro de 2013 e 24 de xaneiro de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 172.000 euros (exento de IVE). Desagregado do seguinte modo:

Lote 1: 2 cursos por importe de 24.000 euros c/u; importe total de 48.000 euros (exento de IVE).

Lote 2: 2 cursos por importe de 20.000 euros c/u; importe total de 40.000 euros (exento de IVE).

Lote 3: 2 cursos por importe de 22.000 euros c/u; importe total de 44.000 euros (exento de IVE).

Lote 4: 2 cursos por importe de 20.000 euros c/u; importe total de 40.000 euros (exento de IVE).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de maio de 2013.

b) Data de formalización:

Lote 1: 3 de xuño de 2013.

Lote 2: 21 de maio de 2013.

Lote 3: 23 de maio de 2013.

Lote 4: 23 de maio de 2013.

c) Contratista:

Lote 1: Instituto de Formación y Estudios Sociales (Ifes Galicia).

Lote 2: Academia Postal Uno, S.L.

Lote 3: Fundación Laboral de la Construcción.

Lote 4: Fundación Laboral de la Construcción.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 44.000 euros.

Lote 2: 33.000 euros.

Lote 3: 41.800 euros.

Lote 4: 38.000 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Lote 1: ser a que mellor oferta presenta, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación, e ser a oferta máis barata.

Lote 2: ser a que mellor oferta presenta, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación, e ser a oferta máis barata.

Lote 3: ser a única oferta admitida e cumprir con todas as prescricións do prego.

Lote 4: ser a que mellor oferta presenta, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación, e ser a oferta máis barata.

Ourense, 3 de xuño de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde